26 Mar
26Mar

O cérvido máis pequeno de Europa. Corpo robusto e pescozo engrosado. Cabeza pequena con ollos grandes e negros, fociño da mesma cor e orellas destacadas. Extremidades posteriores máis altas que as anteriores, adaptadas para dar grandes saltos.

Columna vertebral moi arqueada. Cola de tamaño reducido. Corna só nos machos. A cornamenta é a máis pequena de entre todos os cérvidos, cun aspecto arborescente e con tres puntas, a inferior ou loitadeira está situada no centro e dirixida cara adiante, no extremo superior ten un galleto, rematado en dúas puntas. A roseta e o pau presentan un perlado que é máis abondoso coa idade.

Entre xaneiro e febreiro, as  protuberancias espidas e  desprovistas de “ roseta” caen, para deixar o seu lugar a unha nova cornamenta, que se completa no prazo de tres meses. Este fenómeno repítese cada ano. A nova cornamenta sempre é máis voluminosa que a anterior, e no período de crecemento rápido cóbrese dun lanuxe, do que o animal se libera gradualmente con enérxicos frotamientos contra as árbores. 

Desde o sétimo ata o noveno mes, aproximadamente, coincidindo co inverno, o corzo adquire o seu primeiro manto invernal, con pelo moi espeso e de cor gris pardo,  xaspeado por espléndidos matices prateados. De abril en diante, a  librea vólvese estival, de cor avermellada máis ou menos castaño, e o pelo vólvese menos espeso. Pódese observar unha evidente coloración máis clara no espello caudal e na parte interna das patas; no verán, esta é amarelada, mentres que no inverno faise completamente branca. Na seguinte foto podemos ver un exemplar con pelo de inverno e a corna con lanuxe:


A escorna prodúcese entre outubro e novembro, chegando a permanecer sen ela durante 2-3 meses. Na seguinte fotografía podemos ver unha corna que atopamos nun dos montes da comarca no mes de novembro de 2017.

Neste momento pode ser difícil determinar o sexo dos animais ceibes, atenderemos especialmente á presenza do pincel de pelos longos no pene, ou a través do escudo anal, con forma de ril nos machos e de corazón nas femias. O aspecto morfolóxico dos machos é máis compacto e ancho sobre todo nos cuartos anteriores ao contrario das femias, que teñen o terzo posterior máis ancho.

O tamaño e número de puntas da corna pode axudar a determinar a idade do animal, pero o mesmo que no resto dos Cervoideos só vale nos primeiros anos de vida. Aos tres meses de idade e sobre os pendicelos aparecen os botóns, primeiras excrecencias óseas e, tras a fase de brevas, sairán os primeiros pivotes. Cun ano de idade, da paso ás cornas, varas do tamaño das orellas. Aos dous anos a corna medra máis e bifúrcase na parte superior. Até os tres anos a cornamenta non está plenamente desenvolvida, a partir dese momento as hastas non botan máis puntas, pero si aumentan o seu grosor e perlado.

Cranio sen incisivos superiores e con catro incisivos na rama mandibular, seguido dun amplo diastema. A serie molariforme superior non acada os 70 mm., nin a inferior os 75 mm.

A femia desenvolve un prominente penacho anal na zona uroxenital, que polo seu tamaño pode ser confundido coa cola. Polo ventre a coloración aclárase, sendo máis pálida a de verán e branca a do inverno.

A cabeza presenta ollos e nariz negros, ao redor do fociño e das orellas ten unha liña negra que as rodea. Beizo superior branco igual que a barbela. Os machos son lixeiramente máis grandes que as femias.


A madurez sexual prodúcese en ambos sexos aos 14 meses eo período de celo entre xullo e agosto. Os machos nesta época vólvense territoriais e comezan a marcar o territorio, ladrando ou a través de sinais olorosas, por mor dunhas glándulas que posúen na base das cornas e que expelen refregandoa cabeza contras as polas ou cortizas das árbores. As extremidades anteriores tamén teñen estas glándulas que están situadas entre os pezuños, reparte o cheiro refregando as patas sobre o chan insistentemente.

Os machos son polígamos e cobren todas as femias que penetren no seu territorio. Na femia, unha vez fecundada, prodúcese o fenómeno coñecido como adiapausa embrionaria, a implantación do óvulo atrásase catro meses para facer coincidir o parto entre maio e xuño. Poden ter dúas crías por parto. Actividade crepuscular. Forman grupos familiares ou viven solitarios. Prefire os hábitats boscosos con claros. Abondoso en Galiza.


Lugar de observación: Arredores do Lago do Pontiñas. Lalín.


Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.