23 Feb
23Feb

Cogomelo comestíbel, nativo do sur de Europa e pertencente á familia Amanitaceae. As súas esporas son brancas e a dúa carne ten un sabor e un recendo agradábeis, polo que é un cogomelo moi apreciado, podendo consumirse incluso cru.

Non é un cogomelo moi abundante en Galiza.

O seu corpo frutífero desenvólvese entre o verán e o outono e amosa preferencia polos terreos silíceos e clareiros dos bosques, atopándose principalmente baixo sobreirais, aciñeiras, carballos, castiñeiros e ocasionalmente coníferas.

Ten un sombreiro de entre 8 e 20 cm. de diámetro, de cor alaranxada, laranxa viva ou laranxa moi forte, con cutícula lisa e separábel.

En exemplares novos, o sombreiro é hemisférico (como na fotografía) e vaise aplanando conforme se desenvolve o esporocarpo.

As lamelas son de cor amarela dourada, e o pé da mesma cor, cilíndrico, provisto no seu terzo superior dun anel amarelo, e adoita medir entre 8 e 15 cm de alto e de 2 a 3 cm de diámetro. A volva é grande, branca e membranosa. Cando comeza a medrar ten a aparencia do interior dun ovo de galiña, semellando a volva á clara branca ou abrancazada e o píleo emerxente do fungo á xema amarela.

Cómpre distinguila do "rebentabois" (Amanita muscaria), de chapeu avermellado ou escarlata, lixeiramente cóncavo, case hemisférico en exemplares novos e máis achatado en exemplares maduros, xa que é tóxica e posúe propiedades psicoactivas.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.