Ranunculus bupleuroides


Ranunculus bupleuroides

A Ranunculus bupleuroides é unha pequena planta de flores amarelas, endémica do sur de Galiza e norte de Portugal, que está clasificada como vulnerable no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

No seguinte mapa, podemos ver a súa distribución típica:


Aínda que se cita principalmente no territorio descrito, no ano 2006 citouse unha concentración desta planta no Monte Pindo, a que quizáis sexa a cita máis septentrional das coñecidas ata o momento. Máis info: Aportaciones a la flora de Galicia, VIII.pdf

Aquí no Deza, localizamos varios exemplares na Serra do Candán, cita á que pertencen as fotografías que aparecen neste artigo.