Orchis morio


Orchis morio

A Orchis morio é unha orquídea de talos grosos foliosos que pode acadar ata os 40cm. Caracterízase polas súas flores relativamente numerosas, cun labelo pouco plegado, de coloración rosada máis ou menos uniforme e con abundantes manchas dispostas en varias filas, polo seu esporón no ensanchado hacia o ápice e polos seus dous tubérculos.

Existen varios taxóns desta planta no que se pode apreciar variabilidade no ápice do esporón e tamén nas manchas e no labelo.

Florece de marzo a xuño e pódese atopar en prados de boa parte de Galiza, aínda que non é abondosa.

Existen poucas citas desta orquídea na provincia de Pontevedra, limitándose a Baredo (zona de Baiona), Salvaterra de Miño e Ponteareas, no monte Picaraña, recollidas por Merino e Gómez Vigide.

No sistema de información sobre as plantas de España (ANTHOS), recóllense sóamente 5 citas bibliográficas confirmadas desta especie na provincia de Pontevedra, tres delas en Baiona e unha e dúas en Camposancos:

Fai uns meses puidemos atopar varios exemplares no corazón da Serra do Candán, concretamente na Trigueira, en Zobra (Lalín).

Posiblemente unha das poucas citas desta fermosa orquídea no interior da provincia.